Os seguidores de Solid Snake que teñan unha PSP poden xa gozar dunha versión de demostración do xogo Metal Gear Solid: Peace Walker, que está dispoñible para a súa descarga de balde (o ficheiro ocupa 152 Mbytes), e que precisa para funcionar ter instalado o firmware 6.0 da consola portátil de Sony.
Deste xeito, os máis impacientes poden achegarse en primeira persoa a este prometedor xogo de Hideo Kojima, aínda que hai que precisar que esta demo está en xaponés, para o que nos foros de IGN xa detallan os controis da mesma, que de instalarse en 2 PSP á vez poderá accederse a un modo de xogo cooperativo.
Polo momento todo son boas críticas a esta demostración que sae co gallo do Tokyo Game Show, aínda que haberá que agardar varios meses para ver o xogo definitivo (polo momento só sabemos que sairá á venda en 2010, sen precisar o mes).
Trailer do Metal Gear Solid: Peace Walker para PSP
Sae unha demo en xaponés de Metal Gear Solid: Peace Walker
Compartir Este Artigo

