Sae o Opera Mini 5 beta para Android
xoves 11 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
Mentres o Opera Mobile
10 achégase aos terminais con Android, os interesados en probar navegadores
web alternativos poden instalar xa a versión
de proba do Opera Mini 5, que resulta un produto igualmente
interesante, especialmente porque o proceso das páxinas web non é función do
terminal móbil, senón dos servidores de Opera, onde comprimen
a información ata un 90% antes de mandala ao móbil, o que tradúcese nunha
carga máis rápida (e barata, se non contamos cunha tarifa plana de datos ilimitada).
Mentres que o Opera Mobile 10 podería chegar aos móbiles con Android da man dos
operadores que vendan estes terminais, o Opera Mini mantense libre en Android.
Como principais diferenzas entre ambas aplicacións estarían que Mobile
compórtase coma un navegador de escritorio mentres que as funcións de Mini
están reducidas (o que impide o funcionamento de webs complexas), Opera Mini
consume menos recursos e funciona en case calquera terminal móbil (mentres que
Opera Mobile só contará con versións para Windows Mobile, Android e Symbian).
Como grandes novidades do Opera Mini 5 están a navegación por fichas (ou
pestanas), marcación rápida (acceso veloz ás nosas páxinas web favoritas),
Opera Link (sincronización de favoritos entre o móbil e o escritorio) e un
xestor de descargas.
Vídeo de presentación da versión de proba do Opera Mini 5
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














