Sae á venda o primeiro videoxogo de Neil Gaiman

mércores, 16 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Wayward Manor, o xogo para PC, Mac e tablets inspirado unha historia do célebre guionista de banda deseñada e escritor Neil Gaiman (ao que debemos obras como American Gods, Coraline ou a serie de The Sandman) está a comezar dar os seus primeiros pasos no mercado con seu lanzamento para ordenadores persoais en Steam a un prezo de 8,99 euros, sendo tamén posible adquirilo a través da Humble Store por só 7,49 euros, de xeito que xa podemos gozar desta creación de The Odd Gentlement editada por Moonshark, Inc, aínda que os usuarios de dispositivos móbiles de Apple deberán agardar para poder adquirir este xogo.
O xogo e un quebracabezas que convídanos a descubrir os misterios dunha mansión, para o que adoptamos o papel dunha pantasma que busca reclamar a casa dos seus novos propietarios. Canda nivel será unha cancha na que meter medo, absorbendo o medo para recuperar o control sobre a habitación, de xeito que para recuperar a mansión será preciso descubrir as ansiedades máis ocultas dos nove moradores e facelos tolear de medo.
Gaiman non só escribiu a historia deste título, senón que tamén fai de narrador do mesmo, o que contribúe considerablemente a que este videoxogo consiga destacar, xa que sería a primeira incursión directa do artista no mundo dos videoxogos.

O xogo é un quebracabezas no que debemos asustar aos novos inquilinos da mansión que queremos reclamar


Trailer de lanzamento de Wayward Manor

PUBLICIDADE