Sae á venda a Nintendo Classic Mini
venres, 11 de novembro do 2016
Os
nostálxicos das consolas de videoxogos clásicas están finalmente de parabéns,
xa que a
Nintendo Classic Mini vén de chegar ás tendas, aÃnda que en unidades moi
limitadas, de xeito que este produto que prometÃa converterse nun moi socorrido
agasallo de Nadal non vai poder chegar ás mans de todos os que o desexan, xa
que as súas reservas foron moi elevadas e será complicado facerse coas unidades
que vaian chegar nas vindeiras semanas, aÃnda que dende
Nintendo xa advertiron que procurarán seguir producindo unidades para que
nos vindeiros meses sexa posible facerse con este produto tan curioso (de xeito
que non é preciso sucumbir ante os especuladores que están a vender actualmente
a miniconsola a preto do dobre do seu prezo oficial, o que resulta bastante
absurdo xa que non estamos ante unha edición
limitada).
A Nintendo Classic Mini é unha versión da NES, a consola que nos anos 80 chegou
a moitos fogares levando franquÃas como Super
Mario Bros, The Legend of Zelda
ou Donkey Kong a moitos xogadores que
serÃan fieis á marca durante décadas, de aà que moitos son os que queren
facerse con este trebello que ofrece unha réplica de tamaño reducido e adaptada
a televisores modernos (inclúe HDMI) para poder rememorar os vellos tempos por
un prezo moi axustado (59,99 euros) incluÃndo 30 dos xogos máis representativos
preinstalados, polo que a experiencia que achega resulta bastante
satisfactoria, aÃnda que cun atranco que confÃan que arranxen nalgunha futura
revisión: o cable que conecta o mando coa consola é demasiado curto para os
tempos actuais nos que estamos afeitos a xogar a certa distancia do televisor.
Como curiosidade, o mando desta pequena consola tamén pode empregarse en Wii e
Wii U para xogar aos tÃtulos clásicos da Consola Virtual, o que tamén pode
animar a algún comprador a facerse cun mando adicional (para poder gozar dos
tÃtulos multi-xogador).
VÃdeo promocional da Nintendo Classic Mini