Sae á venda Trials Evolution para PS4, Xbox One e Xbox 360

mércores, 16 de abril do 2014 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos acrobáticos sobre dúas rodas como Trials Evolution están de parabéns, pois hoxe sae oficialmente a nova iteración desta franquía, Trials Fusion, que pode adquirirse xa para PlayStation 4, Xbox One e Xbox 360 a un prezo de 19,99 euros, tendo que agardar os usuarios de PC ata o vindeiro día 24 para poder facerse con este título.
Este xogo de RedLynx editado por Ubisoft volve con moita forza e diversión, recuperando a xogabilidade propia da serie Trials á que engaden avances gráficos e sociais para continuar a mellorar esta fórmula de éxito. O xogo permite superar unha chea de retos de carreiras de plataformas a través de pistas repletas de obstáculos e ramplas para procurar superar as marcas dos mellores xogadores de Trials de todo o mundo.
Trials Fusion conta tanto cun modo Traxectoria para un xogador, como un frenético multi-xogador e a posibilidade de participar nun torneo global e, para completar aínda máis as súas posibilidades, aparte das pistas oficiais, inclúe un novo editor que permitirá que deseñemos as nosas pistas.


Vídeo promocional de Trials Fusion

PUBLICIDADE