SMSReader le a viva voz as mensaxes de texto que cheguen a móbiles con Android

xoves, 10 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de terminais móbiles co sistema operativo Android poden adquirir a aplicación SMSReader, que resulta de grande utilidade durante a condución ou para persoas con dificultades visuais, xa que le en voz alta as mensaxes de texto recibidas.
O programa pode configurarse para que só funcione cando temos habilitado o Bluetooth (por exemplo, para que poidamos escoitar as mensaxes no equipo multimedia do coche) e axustar o volume no que lerase a mensaxe de texto.
Sorprende ao estar dispoñible tanto en inglés coma en español, ter un consumo de batería reducido, identificar o contacto cas mensaxes lidas (consultando a axenda do móbil) e incluso recoñecendo abreviaturas (facendo máis comprensibles certos textos).

PUBLICIDADE