Rouban datos de millóns de usuarios de Adobe

venres, 4 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Nas últimas horas Adobe recoñeceu publicamente que padeceu unha intrusión nos seus sistemas informáticos que saldouse co acceso ilegal tanto ao código fonte de varios dos seus produtos como a información sobre os seus clientes, incluíndo identificadores de cliente e contrasinais.
Dende Adobe estiman que os atacantes conseguiron facerse con datos de 2,9 millóns dos seus clientes como nomes e detalles dos seus pedidos, non poden confirmar se tamén se fixeron con información encriptada das súas tarxetas bancarias. Por todo isto piden desculpas, reinician certos contrasinais de clientes como precaución (recomendando aos usuarios que, se empregan o mesmo contrasinal noutro servizo o muden con urxencia), informan directamente aos clientes dos que sospeitan que puideran verse comprometidos os datos das súas tarxetas de crédito/débito, informaron ás entidades bancarias do incidente para que tomen medidas e tamén contactaron cos forzas de seguridade para que investiguen o delito.

PUBLICIDADE