Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Rodolfo Chikilicuatre inspira un cebo para o correo lixo

mércores 21 de maio do 2008, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

O fenómeno de Rodolfo Chikilicuatre inspirou unha nova campaña de propagación de mensaxes lixo por correo electrónico consistente nunha advertencia sobre un virus informático oculto nu vídeo baixo o título de Boicot a Chikilicuatre e que supostamente formataría o disco duro do noso ordenador, difundiríase entre os nosos contactos e roubaría o contrasinal no noso correo electrónico, o que non é máis que un bulo para servir coma reclamo para que a mensaxe se reenvíe a máis xente e poder así capturar os seus enderezos de e-mail para remitirlles spam máis adiante.
Este tipo de bulo é moi frecuente, e aproveitase do descoñecemento dos internautas, polo que o consello habitual é non facer nunca caso de advertencias relativas a virus informáticos recibidas por correo electrónico, resultando moito máis efectivo ter un antivirus actualizado instalado no noso equipo.

Publicidade:



Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa