Riff, unha nova aplicación de Facebook para crear vídeos colaborativos

mércores, 1 de abril do 2015 Marcus Fernández

Aínda que a celebración do Primeiro de Abril fai complicado o lanzamento de produtos e servizos que vaian en serio, iso non atemorizou a Facebook, que decidiu presentar hoxe ao mundo Riff, unha nova aplicación móbil dispoñible de balde para Android e para iOS que facilita a creación de vídeos de xeito colaborativo, facendo que o proxecto de creación sexa máis divertido e o resultado final más atractivo.
O funcionamento deste servizo é sinxelo: consiste en elixir unha temática á que os amigos poden incluír fragmentos de vídeo, de xeito que logo poden encadearse todas as gravacións para ver resultados divertidos que poidan compartirse logo a través de Facebook ou en calquera outro lugar da Internet.

PUBLICIDADE