Reuters proba un sistema de recoñecemento facial nos seus vídeos
mércores 19 de setembro do 2007, por | |
| Compartir |
A axencia Reuters está a experimentar co sistema de
recoñecemento facial de Viewdle aplicado ós vídeos coas súas novas, de
xeito que, cando queremos buscar informacións dunha persoa en concreto
poderemos atopar reportaxes videográficas nas que aparece aínda que non se
conte cunha descrición exhaustiva do contido do corte de vídeo.
O introducir un nome de persoa o sistema devolve unha listaxe de vídeos dos que
informa da súa data de publicación, da súa duración e da parte do vídeo na que
se detectou a presenza do personaxe no que estamos interesados.
Pero este sistema aínda vai máis alá, e así, mentres vemos un vídeo de David
Beckham podemos premer na cara da súa dona, Victoria, para buscar vídeos
relativos á súa persoa, de xeito que as caras recoñecidas actúan coma ligazóns.
Este sistema poderá ter moita utilidade na consulta de novas, pois engade unha
interacción nos vídeos que ata o momento parecía impensable.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














