Resólvese o certame de relatos da Semana da Ciencia

martes, 23 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

Pódense impulsar vocacións científicas pola vía da literatura? A xuízo do centro Gradiant, con sede no Campus de Vigo, a resposta é a todas luces positiva, en parte porque emprazarse a un mesmo sobre un papel en branco e lanzarse a investigar son actividades que comparten máis dun alicerce común. De aí partiu, precisamente, o Certame de Relatos de Ciencia Ficción de Gradiant, cuxa segunda edición vén de resolverse na ETSE de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Este foi o escenario onde se deron a coñecer os gañadores do concurso, inserido dentro das actividades da Semana da Ciencia galega.
Por certo que este ano as actividades de divulgación investigadora de Gradiant conseguiron convocar a máis de 600 estudantes de Secundaria e Bacharelato.
Volvendo aos premios literarios, dicir que foron dar aos seguintes escritores-científicos novos:
· Categoría A
Marcos Santiso Cacheda, IES Sabón (Arteixo)
· Categoría B
· Primeiro premio: Román Portela Suárez, IES Alexandre Bóveda (Vigo)
· Accésits: Álvaro Rodríguez Real, IES A Sardiñeira (A Coruña); Isaac González Fernández, IES Francisco Sánchez (Tui); María Jesús Novo Pardavila, IES María Soliño (Cangas)
Categoría C
· Primeiro premio: Sarela Betanzos Freire, IES Félix Muriel (Rianxo)
· Accésits: Pablo Bastón Pazó, IES María Soliño (Cangas); David Alba Burnado de Lara, ALEUM, Colexio Apóstol Santiago; Diego Alba Burnado de Lara, Colexio Apóstol Santiago

PUBLICIDADE