SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Redegal abre centro de operacións en Vigo

xoves 2 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

A empresa galega Redegal, integrante de EGANET e AGASOL e especializada en solucións de software libre e consultoría tecnolóxica para empresas e institucións, vén de abrir oficina en Vigo. A posta en marcha deste novo emprazamento, sinalan fontes da firma, responde á súa estratexia de ampliar as canles de comunicación coas empresas establecidas na cidade, afianzando relacións e procurando novos espazos de actividade nos que achegar e desenvolver os seus produtos tecnolóxicos.
Produtos que cobren un amplo abano de aplicacións, dende recursos para facilitar ao máximo a venda, comunicación e promoción a través da Rede até programas para móbiles, pasando por servizos de asesoramento empresarial e software de xestión a medida.
Cómpre lembrar que Redegal comezou a súa andaina, principalmente, na provincia de Ourense, tal e como temos reflectido dende esta web, por exemplo cando informamos da implantación no Concello de Pereiro de Aguiar de redes sen fíos baixo programación aberta. Redegal mantivo a súa sede en San Cibrán das Viñas, e a súa oficina en Ourense. Coa súa presenza agora en Vigo, onde existe un forte tecido produtivo que demanda solucións TIC especializadas, Redegal confía en ampliar ao máximo o seu ámbito de acción, tanto en Vigo e a súa contorna como dende Vigo e con vistas ao panorama internacional.
A nova sede está situada no número 34 da rúa Conde de Torrecedeira. Co gallo desta apertura, Redegal aproveitou para ampliar persoal. Deste xeito, José Manuel Barros será responsable de Desenvolvemento de Negocio, María Lafuente incorporarase ao Departamento de Proxectos e, na Área Técnica, contarán con Arturo P. Capel.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS