RedCoruna intégrase no Grupo Host Europe
luns 23 de xaneiro do 2012, por |
A empresa de hospedaxe de páxinas web e outros servizos
asociados radicada en Lugo, RedCoruna, anunciou
hoxe que pasa a formar parte do Grupo Host Europe, o que supón a
consolidación do proxecto de Luis Veiga, fundador de RedCoruna que agora quedará á cabeza do
grupo para España.
Nos últimos anos RedCoruna conseguiu labrarse unha boa reputación no sector da
hospedaxe web, e coa súa adquisición por parte de Host Europe poderá continuar
medrando para manter o seu compromiso de calidade e atención ao cliente. Temos
así que a compañía continuará a operar con normalidade, coa diferenza de contar
co maior respaldo económico que supón formar parte do que aseguran que é “o meirande grupo privado de hosting de
Europa”.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















