Recon Jet, unhas novas smartglasses de uso deportivo
venres, 17 de abril do 2015
AÃnda que parece que tardaremos bastante en ver como o
proxecto de Google Glass volve á luz pública, outras iniciativas semellantes
seguen a prosperar, e asà as lentes Recon Jet están
xa a preparar o seu lanzamento comercial para o vindeiro 1 de xullo a un prezo de 699
dólares (646,89 euros), de xeito que teriamos un produto moito máis
económico que os prototipos do programa Exploradores de Google Glass.
Estamos ante unhas smartglasses pensadas
para a práctica deportiva (principalmente para ciclistas e corredores) que
facilitarÃan a visualización de información de seguimento da actividade fÃsica,
de xeito que, aparte de servir de visor de datos GPS poderÃa aproveitarse para
recibir información de sensores como un pulsÃmetro ou un medidor da forza que
facemos no pedal da bicicleta. Tamén contarÃa cunha cámara para poder capturar
fotografÃa e vÃdeo nunha perspectiva de primeira persoa, amosarÃa notificacións
do móbil (co que pode comunicarse a través de Bluetooth para facer incluso de
mans libres ou de accesorio para a reprodución multimedia), contrólase mediante
un touchpad óptico e 2 botóns que incluso permitirÃan o seu uso con luvas e, ao
incluÃr montura e lentes, tamén achega a debida protección ante a radiación UVA
e UVB.
En prestacións este dispositivo parece bastante completo, que funciona cun
procesador ARM Cortex-A9 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de
almacenamento interno, acelerómetro, xiroscopio, magnetómetro, sensor de
presión, infravermellos, GPS, Bluetooth 4.0, ANT+, Wi-Fi N, microUSB 2.0, 2 micrófonos,
altofalantes e baterÃa Li-Ion recargable e intercambiable (rapidamente) cunha
autonomÃa dunhas 4 horas.
Temos asà unha tecnoloxÃa moi semellante á de Google, pero que en vez de buscar
unha aplicación para o dÃa a dÃa, especialÃzase nun uso moi determinado, no que
a súa estética non resulta tan dramática como para provocar o rexeitamento dos
consumidores.
- As Recon Jet venderanse tanto en negro como en branco
VÃdeo promocional das Recon Jet