Razer comercializa unha mochila para transportar con seguridade o portátil e os seus accesorios

venres, 12 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Para os usuarios que queren cargar co seu ordenador portátil e numerosos accesorios, podendo manter todos estes trebellos seguros, o fabricante especializado en hardware para gamers, Razer, está a comercializar a súa mochila táctica, un produto fabricado en nailon balístico 1680D, cun exterior resistente ao desgaste e á auga, cun interior a proba de rabuñaduras, correas e costas acolchadas, fibela axustable ao peito, 2 grandes compartimentos interiores, división interior para un portátil de até 15 polgadas, soporte para auriculares, numerosos petos exteriores para accesorios e incluso un compartimento de peto inferior oculto con cuberta protectora a proba de auga.
A calidade da Razer Tactical Bag parece innegable, achegando unha resistencia de nivel militar aos nosos dispositivos informáticos durante os desprazamentos, aínda que por desgraza tal acabado ten un prezo que o afasta de moitos petos, xa que este produto véndese en España por 129,99 euros (con portes de balde) e esta dispoñible dende hoxe mesmo.

A mochila de Razer é ideal para protexer o ordenador portátil durante os desprazamentos

PUBLICIDADE