SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Ratifican a condena xudicial para os responsables de The Pirate Bay

mércores 1 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 65 KB
Imaxe de 2009 dos co fundadores de The Pirate Bay

Esta mañá o Tribunal Supremo sueco anunciou o rexeitamento da apelación dos responsables de The Pirate Bay, o que supón que os responsables da popular web de descargas a través de BitTorrent, Peter Sunde, Fredrik Neij, Gottfrid Svartholm e Carl Lundström, terán que facer fronte a unha condena de cadea por infrinxir os dereitos de autor. Concretamente Sunde terá que pasar 8 meses en prisión, Neij enfrontarse a 10 meses de condena e Lundström só terá que pasar 4 meses na cadea; entre os 3 tamén deberán pagar unha sanción de 46 millóns de coroas suecas (máis de 5 millóns de euros).
Cómpre destacar que segundo a lexislación sueca o normal sería que os condenados non chegaran a pór o pé na cadea (por teren condenas de menos de 12 meses e nin sequera vivir en Suecia) e continúan a pensar que a sentenza do Tribunal Supremo “é absurda”, polo que recorrerana ante o Tribunal de Xustiza Europeo.
The Pirate Bay leva 9 anos en activo, e con moitos responsables distintos levando o temón, e dende o seu blog oficial aseguran que pese a que 2012 parece ser o “ano da tormenta”, continuarán o seu labor e instan aos seus usuarios a facer o mesmo a través de máis plataformas e con máis tecnoloxías para que sexa imposible que poidan rematar coas súas prácticas mediante iniciativas gobernamentais como SOPA, PIPA e ACTA.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS