SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

R dobra a capacidade de acceso aos datos do seu servizo móbilR

xoves 9 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

O operador galego R anunciou esta semana unha nova oferta de interese para os seus usuarios de telefonía móbil. Trátase, máis polo miúdo, dunha serie de melloras a pór en marcha a partir do 1 de marzo, para todos aqueles que teñen móbilR, e que se suman á actualización de tarifas habilitada pola empresa na recta final de 2011 e ao lanzamento da rede de Wi-Fi cos seus puntos de conexión por toda a nosa xeografía. Pois ben, segundo informa R, isto non abondaba. Agora é quenda de tirarlles o máximo partido aos teléfonos intelixentes dos clientes, polo que, para comezar, R aumentaralles a capacidade de conexión.
E farao ao dobre de megas en cuestión de datos e ao dobre de SMS no eido das tarifas planas. Para quen estea pensando no custe que isto vai significar, o operador galego xa disipa dúbidas: non terá custe algún. Trátase dunha mellora de servizo automática, que non haberá que solicitar (vén soa) e que afecta a tódolos clientes de móbilR. A firma, para facérmonos unha idea, facilita xa no seu blog un esquema de como van quedar con estes cambios as tarifas do dito servizo, tanto para clientes particulares como empresas:
· Tarifa mini+internet: 500MB (antes 250) e chamadas a 4cent/min por 9€+IVE de cota
· Tarifa plana 24h 150 minutos: 150 minutos para chamar as 24 horas, 500MB (antes 250) e 100 SMS (antes 50) por 19€+IVE
· Tarifa plana mini: 350 minutos (antes 300) para chamar de 17 a 8 horas e fins de semana, 500MB (antes 250) e 100 SMS (antes 50) por 19€+IVE
· Tarifa plana 24h 350 minutos: 350 minutos para chamar as 24 horas, 500MB (antes 250) e 100 SMS (antes 50) por 29€+IVE
· Tarifa plana 24h 750 minutos: 750 minutos para chamar as 24 horas, 500MB (antes 250) e 200 SMS (antes 100) por 49€+IVE
· Tarifa plana 24h 1500 minutos: 1500 minutos para chamar as 24 horas, 2GB (antes 1GB) e 500 SMS (antes 250) por 79€+IVE

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS