SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Quotidiania Delirante chega ao iPhone

venres 19 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A App Store de Apple vén de incorporar ao seu catálogo o primeiro iMotion Cómic para iPhone e iPod Touch, que non é outro que a primeira entrega de Quotidianía Delirante, un dos comics máis relevantes do autor galego Miguelanxo Prado, que pasa do papel á pantalla dos terminais de Apple, gañando animacións, banda sonora, efectos especiais e capacidade multi-idioma (soportando inglés, español, francés e galego).
Esta primeira entrega da serie de Prado pode descargarse de balde, de xeito que os interesados faranse unha idea do que ofrecerá esta obra a medio camiño entre a banda deseñada e a animación, desenvolvida por Paralaxe Multimedia and Virtual System (spin-off da USC) e os estudos de animación e videoxogos Alia 3D, coa produción de Continental Producciones, compañía que pretende comercializar tamén a plataforma que sostén este produto para editar outros comics neste formato no futuro.

PNG - 162.5 KB
Quotidiania Delirante está dispoñible no iPhone en varios idiomas

Vídeo que reproduce a experiencia de visualización da primeira entrega desta obra de Miguelanxo Prado
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS