Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Publican imaxes de adianto do Batman: Arkham City

xoves 2 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Aínda que a secuela de Batman: Akham Asylum faise agardar ata o outono de 2011, polo momento só viramos deseños artísticos do mesmo, que non correspondían ao xogo en si mesmo, o que vén de solucionarse cunha pequena colección de imaxes que corresponden principalmente as escenas cinemáticas de Batman: Arkham City e que permiten que vexamos certa evolución gráfica con respecto da anterior entrega, así como a aparencia que terán personaxes carismáticos coma Dúas Caras ou Catwoman, destacando o feito de que reaparece Harley Quinn cunha aparencia bastante cambiada con respecto á súa roupa no interior do Arkham Asylum.
Con estas imaxes entendemos que os mencionados Dúas Caras e Catwoman van xogar un papel chave na trama desta nova aventura, que Batman vai lanzarse dende alturas aínda maiores (agora goza da dunha cidade enteira para moverse) e os combates contra grandes grupos de inimigos volverán para desencadear impresionantes coreografías de golpes que foron fundamentais no xogo anterior.
O novo xogo sairá para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, e podería contar con novos modos de xogo, de xeito que polo momento o que sabemos é que conserva a estética do seu antecesor, o que debería bastar para convertelo nun dos títulos imprescindibles de 2011.

JPEG - 329.3 KB
Dúas Caras parece querer roubar protagonismo ao Joker en Batman: Arkham City
JPEG - 342.1 KB
Os combates multitudinarios continuarán como marca da casa
JPEG - 157.1 KB
Catwoman é unha das novas incorporacións ao xogo
JPEG - 270.2 KB
Harley Quinn muda a súa aparencia con respecto a Batman: Arkham Asylum
JPEG - 192 KB
Catwoman promete xogar un papel importante na trama do xogo, posiblemente como axudante de Batman como nalgunha das aventuras do cómic
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS