Proseguen con normalidade os acendidos dixitais de As Neves e Arbo
martes 16 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
A normalidade, segundo informan dende a
Secretaría Xeral de Medios, foi a “nota
característica” na segunda xornada de apagados analóxicos levada a cabo no
día de onte, unha xornada que se inclúe dentro da terceira e última fase de
incorporación de Galicia á Televisión Dixital Terrestre. Neste luns procedeuse
ao cese de sinal dos emisores analóxicos denominados As Neves e Arbo o que supuxo
a incorporación á TDT dos concellos pontevedreses de Arbo, As Neves,
Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas.
Os apagados, que continuarán ao longo de
toda a xornada de hoxe, producíronse sen que se rexistrasen incidencias
técnicas salientables e con eles beneficiáronse preto de 50.000 habitantes máis
de toda a zona.
Os vindeiros ceses analóxicos desta Área
Técnica de Domaio produciranse o vindeiro día 23 deste mes, nos emisores da Cañiza e Carril, correspondentes aos concellos de A Cañiza, Covelo e a unha
parte de Vilagarcía de Arousa, o que suporá a incorporación doutros 10.108
habitantes ao novo sistema de televisión dixital.
O seguinte cese nesta Área Técnica
producirase o día 24 e afectará aos emisores Meis e Moaña, mentres que
os concellos beneficiados serán os de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia,
Portas, Barro, Moraña e, parcialmente, o de Moaña, é dicir, 45.507 habitantes
máis incorporados á TDT.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68















