Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Presentan o Kno, un novo tablet con dúas pantallas

xoves 3 de xuño do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Tras o anuncio de que o proxecto Courier de Microsoft estaba cancelado sorprende que na conferencia D8 presenten un novo dispositivo chamado Kno que prevén lanzar antes de rematar o ano e que consiste nun tablet con dúas pantallas IPS capacitivas de 14,1 polgadas e unha resolución de 1.440 x 900 píxeles, que tería un formato semellante a un libro e estaría dirixido principalmente a universidades. Funcionaría co procesador nVIDIA Tegra 2 (capaz de correr vídeo a 1.080p), tería 16 Gb de almacenamento interno, tería conectividades Wi-Fi e 3G e a súa autonomía estaría entre as 6 e as 8 horas.
Este produto pretende acadar un prezo inferior aos mil dólares, está baseado en Linux, integra o navegador Chrome con soporte de Flash e sorprende polo seu formato e tamaño, polo que está por ver se resulta cómodo para usuarios reais.


Vídeo promocional do Kno



Presentación do Kno durante a conferencia D8
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS