Presentan o Asus Eee PC 900 durante o CeBIT
martes 4 de marzo do 2008, por | |
| Compartir |
Co gallo do CeBIT, Asustek presentou un agardado novo modelos do
seu popular Asus Eee PC, que destaca
por incrementar o tamaño da súa pantalla de 7 polgadas a 8,9, o que tamén
permite incrementar a súa resolución ata 1.024 x 600 píxeles, o que mellora
especialmente a navegación a través da Internet (onde a resolución de 800 x 480
quedaba curta en moitos casos).
Esta versión mellorada do portátil de baixo custo de Asus tamén inclúe 1 Gb de
memoira e 12 Gb de disco de memoria sólida. O Eee PC 900 apenas varía o tamaño
exterior de modelos anteriores, pero coma contrapartida podería estar un
descenso na súa autonomía, que quedaría entre as 2,5 e as 3 horas e se venderá
a mediados de ano a uns 399 euros.
Podemos ver un vídeo no que se compara o Eee PC 900 co seu irmán pequeno, o Eee PC 700:
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














