SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Preparan un sistema de recoñecemento de artigos impresos para Windows Phone

luns 20 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 46.9 KB
Actualmente Bing Vision xa recoñece numerosos produtos

O recoñecemento de imaxes en teléfonos móbiles está a tomar cada vez máis peso e abre novas oportunidades, e así ao igual que distintos servizos para Android e iOS recoñecen códigos de barras de produtos, códigos QR con acceso a contidos en liña ou incluso portadas de discos, películas e libros, en Windows Phone queren levar a experiencia máis aló a través de Bing Vision, ferramenta que xa recoñece códigos de barras, libros, discos en CD e películas en DVD para permitirnos visitar de xeito rápido un comparador de prezos en liña (o que resulta de grande utilidade durante as nosas compras) e que a partir de marzo contará cunha prestación moi interesante: identificación de imaxes dos xornais.
Deste xeito, cando teñamos unha revista ou un xornal diante, poderemos enfogar a un artigo coa cámara do móbil, para que sexa identificado e asociado á súa versión en liña, polo que un artigo impreso funcionaría como unha ligazón á súa versión dixital, facilitando compartir os seus contidos na Rede. Para este proxecto contarán inicialmente con máis de 3.000 publicacións de todo o mundo.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS