Premian a Imaxin Software pola súa defensa e promoción da lingua galega

martes, 22 de maio do 2012 Marcus Fernández

Luz Castro, de Imaxin Software, na edición de 2011 do FICOD</A>

A iniciativa do IES Poeta Añón de Outes creouse en 1999 o Premio Leixaprén para recoñecer a defensa e promoción da lingua galega, que na edición do curso 2011-2012 estivo organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, recaendo o galardón na empresa compostelá Imaxin Software, que leva anos desenvolvendo programas informáticos e empregando o galego en tódolos ámbitos de xestión da empresa. A compañía tamén desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introdución da nosa lingua no mundo empresarial e elaborou o software de tradución multilingüe Opentrad, labores de sobra para que a compañía acadase o recoñecemento da presente edición do Premio Leixaprén. A entrega do premio efectuarase o vindeiro sábado nun xantar que terá lugar no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela, e o galardón consistirá nunha figura alegórica do artista Álvaro Negro.

PUBLICIDADE