PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Pradolongo será a primeira película galega comercializada en discos Blu-ray

luns 1 de decembro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Vía Láctea Filmes vén de anunciar que a súa película Pradolongo, dirixida por Ignacio Villar e protagonizada por Rubén Rios, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao, sairá á venda o vindeiro 9 de decembro tanto en DVD coma en Blu-ray, de xeito que se convertería na primeira peza audiovisual galega en editarse en discos de alta definición.
A edición en Blu-ray de Pradolongo incluirá a súa versión orixinal en galego con subtítulos opcionais en español, catalán, éuscaro, inglés e portugués, atopándose a pista sonora en formato DTS-HD Master Audio, o que achega unha reprodución coa mesma calidade que o orixinal de estudo.
O disco coa película tamén incluirá entre os seus extras co vídeo co tema central da banda sonora, Quen puidera namorala, interpretado por Luís Emilio Batallán, o trailer, o anuncio televisivo, as fichas artística e técnica e unha galería fotográfica. Tamén inclúe un CD coa banda sonora orixinal e o seu prezo de venda ao público será de 29,95 euros.


Canción de Luis Emilio Batallán baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro, regravada para a película Pradolongo
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS