PolÃtica2.cero premiará cun máster á mellor presentación dun proxecto de comunicación en liña
luns 6 de febreiro do 2012, por |
O vindeiro 15 de febreiro terá lugar en Madrid unha nova edición da Xornada PolÃtica2.cero, na que destacados especialistas do marketing en liña, redes sociais e consultarÃa polÃtica reuniranse de novo para analizar as tendencias e o futuro deste sector ligado xa inevitablemente ás novas tecnoloxÃas.
Este evento, que ten raizame galega ao ter celebrado a súa primeira edición en Santiago de Compostela, chega a Madrid con novas ideas e seccións, entre as que destaca a chamada sección P360, destinada á posta en valor de novos talentos e emprendedores, que chama á participación de todas aquelas persoas interesadas no marketing polÃtico e na comunicación en liña.
A sección está destinada a aqueles profesionais, emprendedores ou calquera persoa interesada na área da comunicación online, que conte cun proxecto de seu nesta área e que poida expoñelo publicamente.
As presentacións, que teñen un lÃmite de tempo, deben facerse de xeito orixinal e cun formato innovador perante un tribunal, que será o que decida o gañador dun máster valorado en máis de 15.000 euros.
Falamos do Máster en Marketing PolÃtico e Comunicación Estratéxica, ofrecido pola escola IDE-CESEM, patrocinadora do evento, que lle permitirá á persoa gañadora ampliar os seus coñecementos neste eido e mellorar as súas técnicas de comunicación na Rede.
Nesta nova edición de PolÃtica2.cero daranse cita prestixiosos especialistas do eido das novas tecnoloxÃas e Internet, e da comunicación polÃtica, tales como o director de Ideograma, Antoni Gutiérrez-RubÃ, que abordará a xestión da identidade en Twitter, o CEO de Abypersonalize, Javier Recuenco, quen falará sobre a personotecnia no ámbito polÃtico ou a directora e SEO en T2O Media, Esther Checa, que falará sobre as novas redes sociais e as claves para obter unha reputación en liña axeitada.
Na Xornada non faltarán tampouco as mesas redondas nin os debates, nos que se analizarán polo miúdo a presenza dos polÃticos nas redes sociais e as estratexias seguidas (acertadas ou non) para conectar coa cidadanÃa e cos votantes.
O prazo de inscrición ao evento xa está aberto na web e a organización ofrece tarifas reducidas para estudantes e persoas desempregadas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















