Polémica por mor dunha antena Wi-Fi en Seixalbo (Ourense)
xoves 18 de febreiro do 2010, por |
O proxecto municipal
Ourense wifi busca achegar o acceso á
Rede aos cidadáns a través dunha conexión sen fíos e de balde, que na parroquia
de Seixalbo está a causar preocupación posto que para esta infraestrutura de
rede é precisa a instalación dunha antena Wi-Fi no casco histórico
(concretamente na rúa Estreita nº 1) que consideran que está moi preto ás
vivendas, polo que varios
veciños trasladaron o seu malestar de xeito oficial ao Concello de Ourense,
argumentando que podería ter efectos nocivos por mor das radiacións
electromagnéticas emitidas e instando
ás autoridades a instalar a antena nas aforas do casco histórico ou a buscar
medios alternativos seguros como as redes de cable.
Dende o Concello aseguran que a radiación da rede Wi-Fi é inapreciable, entendendo
os técnicos municipais que esta infraestrutura é «totalmente inocua para a saúde». Tamén aseguran que
unha auditoría externa certificou a validez da instalación da antena,
asegurando que está dentro dos valores fixados pola Organización Mundial da
Saúde e os parámetros da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, organismo
do que agardan a autorización administrativa para comezar a operar en breve.
Para tranquilizar á poboación realízanse distintas comparacións, asegurando que
unha antena Wi-Fi emite dez veces menos radiación que un teléfono móbil, e
incluso un transformador eléctrico emite moita máis radiación, sen provocar
ningún tipo de alarma social.
Dende a TVG tamén visitaron o núcleo rural para coñecer máis detalles sobre
esta polémica, entrevistando a Xoán Antonio Cid, presidente da Asociación de
Veciños de Seixalbo, quen asegurou que os temores ante a nova rede estarían
infundados, e atendería a unha demanda social:
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















