PlayStation Network estreará unha serie propia o 10 de marzo
mércores, 21 de xaneiro do 2015
Despois do éxito conseguido por plataformas en liña como
NetFlix á hora de producir as súas propias series televisivas, a PlayStation
Network non quixo ser menos, e durante os últimos meses colleu un proxecto que
levaba anos circulando entre as canles televisivas para facelo realidade, de
xeito que a banda deseñada de Brian Michael Bendis, Powers, estreará
a súa primeira tempada o vindeiro dÃa 10 de marzo.
Esta serie de 10 episodios chegará con periodicidade semanal a través da
PlayStation Store, sendo totalmente de balde para os subscritores de
PlayStation Plus.
Powers
conta a historia dunha parella de detectives, Christian Walker e Deena Pilgrim,
nun mundo no que existen os superpoderes e, de feito, o propio Walker
(interpretado por Sharlto Copley) era un superheroe ao que arrebataron os
poderes. Tanto os personaxes como a historia de Powers parece distar bastante da súa versión en viñetas, polo que a
acollida que poida ter a produción audiovisual poderÃa ser moi diferente entre
lectores da obra orixinal e o público xeral, podendo achegarse este último á
serie principalmente polo reclamo de que o estudio responsable da serie é o
mesmo que fixo a popular Breaking Bad.
Primeiro trailer de Powers