Ataque á páxina web da Consellería de Economía e Industria

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Imaxe que podía verse durante poucos minutos na páxina web da Consellería de Economía e Industria

Durante a tarde de hoxe a páxina web da Consellería de Economía e Industria padeceu un ataque informático que bloqueou o seu acceso temporalmente, presentando unha imaxe na que se caricaturizaba ao presidente da Xunta de Galicia con referencias á corrupción, e que só puido verse durante uns poucos minutos, tras o que restableceuse o servizo. Dende a Consellería laméntanse deste tipo de actuación (que o único que fai e prexudicar á prestación dun servizo público que serve principalmente para informar sobre axudas e ordes que buscan dinamizar o tecido produtivo galego) e aseguran que están a investigar o ataque e a súa procedencia.

PUBLICIDADE