Picasa 3.8 incorpora a creación de face movies
venres 20 de agosto do 2010, por |
Aínda que pouco
coñecida, Picasa é unha excelente
aplicación para xestionar as nosas fotografías no ordenador, así como para
compartilas na Internet a través do servizo Picasa Web Albums, e continúa
mellorando co tempo con novas ferramentas e funcionalidades como a integración
de Picnik para a edición de fotografías con distintos efectos, o acceso á
información de metadatos almacenada nas fotografías e unha
sorprendente novidade: a creación de face
movies.
As face movies son unha innovación en
Picasa 3.8 que permite a produción de vídeos a xeito de slideshows nos que aparecen distintas fotografías nas que aparece
unha mesma persoa, separadas por transicións, e centrándose sempre na súa cara,
creando un efecto orixinal e divertido, coma ilustra o seguinte vídeo:
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















