Pepephone paraliza a migración a Movistar ante a mala calidade do servizo

luns, 4 de maio do 2015 Marcus Fernández

O pasado mes de febreiro Pepephone comezou a mudanza de usuarios da rede de Vodafone a Movistar principalmente para poder ofrecerlles 4G, pero durante a xornada de hoxe sorprenderon anunciando a conxelación do proceso de migración de xeito preventivo ante a aparición de queixas de clientes xa migrados que detectaban que a calidade do servizo da que gozaban con Pepephone non era igual que a dos clientes directos de Movistar, o que claramente incumpriría os acordos entre ambas compañías.
Dende Pepephone realizaron probas técnicas, confirmando as sospeitas dos seus clientes, e contactando con Movistar para que dean unha explicación ao problema, ao que responderon que “existe unha diferencia de configuración e optimización” do que aínda non lles achegaron detalles e comprometéronse a resolvelo de xeito urxente. Mentres, e para non dar un servizo deficiente, Pepephone prefire non seguir migrando clientes a Movistar até que o servizo sexa da calidade prometida, á vez que tamén aseguran que van indemnizar aos clientes que xa migraran.

PUBLICIDADE