AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Pechan o posible perfil en Twitter da modelo Bar Refaeli por criticar a delgadez das mozas modelo

luns 6 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 166.5 KB
Bar Refaeli nunha das súas recentes campañas publicitarias

As figuras públicas teñen en moitas ocasións gabinetes que se encargan de coidar da súa imaxe, pero as plataformas de redes sociais poden contribuír a saltar este paso dun xeito perigoso, e así nos últimos días puidemos ver certa polémica ao redor da modelo Bar Refaeli, da que publicouse na prensa que estaba a criticar en Twitter a excesiva delgadeza de moitas compañeiras de traballo adolescentes, o que provocou finalmente a suspensión da conta de Twitter da que saíron eses comentarios, asegurando a axencia para a que traballa a modelo que correspondía a unha suplantadora, o que moitos consideran que carece de sentido, posto que a actividade de tal conta era moi frecuente e incluída moitos momentos do día a día da modelo.
Normalmente os famosos teñen contas verificadas en Twitter, pero non sempre é así, o que pode servir para darlle a algunhas celebridades certa liberdade de expresión, aínda que neste caso parece que estamos no caso oposto.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS