Os xogos de SEGA ofértanse a través do Humble Bundle

mércores, 26 de novembro do 2014 Marcus Fernández

O Humble Bundle está a sorprender un novo de lote de xogos de SEGA valorado en 128 dólares que podemos adquirirse a un prezo moi reducido, achegando parte dos ingresos a causas benéficas (AbleGamers, Willow Foundation, SpecialEffect e GamesAid). Deste xeito, pagando a partires dun dólar podemos facernos coa Dreacast Collection (que comprende aos clásicos SEGA Bass Fishing, Crazy Taxi, Sonic Adventure DX Director’s Cut e Space Channel 5 Part 2), NiGHTS Into Dreams, Sonic & All-Stars Racing Transformed e os contidos descargable Total War: Rome II – Caesar in Gaul DLC e Miles Jacobson’s Tactic para o Football Manager 2015.

Por 50 dólares podemos facernos cunha exclusiva camiseta de Dreamcast

Quen pague máis do prezo medio (3,67 dólares no momento de escribir estas liñas) terá tamén Empire: Total War, Company of Heroes 2 – The Western Front Armies: Oberkommando West e algún outro xogo que se engadirá máis adiante. A partires dos 12 dólares o xogo que se engadiría sería Total War: Shogun 2 – Fall of the Samurai. Deste xeito temos que esta selección de títulos podería adquirirse pola décima parte do seu prezo oficial, aínda que os máis seareiros de SEGA pode que non se conforme con iso, e opten por aboar 50 dólares, para conseguir, aparte de todos os xogos mencionados, unha camiseta exclusiva da clásica consola Dreamcast (que remitirase aos compradores en febreiro de 2015).
Adicionalmente a Humble Store tamén ofrece numerosos xogos de SEGA con descontos de até o 80%, entre os que non falta o moi esperado e ben recibido Alien Isolation, que pode mercarse cun 50% de desconto no momento da publicación deste texto. As ofertas desta volta teñen limitación horaria e destinarán o 10% dos ingresos a causas benéficas.


Na Humble Store ofertan Alien Isolation a metade de prezo

PUBLICIDADE