O recinto Feiral de EXPOCoruña volverá a acoller este ano ao encontro de afeccionados aos comics e á animación xaponesas ExpOtaku, evento que chega á súa quinta edición mesturando gastronomía xaponesa, tendas de manga e mercadotecnia, competicións, torneos de videoxogos, actuacións musicais en directo, obradoiros, xogos de mesa e incluso unha zona de robótica, atendendo á diversidade de público que acode a este tipo de celebración que se desenvolverá de 10:00 a 20:00 horas do 23 ao 25 de maio.
ExpOtaku contará cunha completa zona de videoxogos, na que poderá facerse uso libre dunha serie de equipos á vez que tamén poderase participar en distintos torneos (Guitar Hero III, Jojo’s Bizarre Adventure: All Star Battle, Naruto Shippuden Ultimate Ninja Storm 3 Full Burst, Dragon Ball Z Battle of Z, Soul Calibur V, Super Smash Bros. Brawl, Touhou: Hopeless Masquerade, Mario Kart 7, Pokémon X/Y, Tekken Tag Tournament 2, Halo Reach…), completándose a oferta de lecer dixital cunha exposición de equipos clásicos da man da AUIC (consolas Nintendo 64, Dreamcast, Super Nintendo… e ordenadores MSX, Robotron KC 85-2, ZX Spectrum…), servindo de anticipo do que será a vindeira edición de RetroCoruña.

Como interesante novidade, este ano contarase cunha zona de robótica durante os 3 días que dura ExpOtaku nos que poderá xogarse ao Scalextric de xeito innovador (programando a pilotaxe automática mediante un ordenador ou controlando os vehículos coa mente) e tamén poderase participar nun obradoiro de LEGO Mindstorm.
Os videoxogos volverán destacar en ExpOtaku
Compartir Este Artigo

