Os usuarios que porten o seu número a Yoigo poderán liberar o seu anterior móbil de balde
mércores 28 de setembro do 2011, por |
O operadores
móbiles virtuais están a gañar moitos clientes aos operadores tradicionais,
pero en vez de apostar pola subvención de terminais, optan por promocións máis
imaxinativas, como Yoigo, que a partir de outubro permitirá que calquera persoa
que faga unha portabilidade a contrato Yoigo con só SIM sen permanencia nunha
tenda fÃsica poderá
liberar o seu móbil doutra compañÃa totalmente de balde grazas a un servizo
prestado por doctorSIM.
A compañÃa tamén mellorará a súa tarifa do 6, cun consumo mÃnimo de 19 euros,
pois os que se dean de alta con tal tarifa en outubro acadarán de balde o Bono
8 de Internet, que inclúe
500 Mbytes para navegar dende o teléfono mentres se manteñan ambas tarifas.
Para os usuarios que desexen navegar dende o ordenador tamén dan
3 meses de balde no contrato Internet para
Llevar 8 (ofertando un modem
USB HSPA+ por só 9 euros sen compromiso de permanencia) e achegando os modems Huawei E367U-2 e ZTE MF668A por 0
euros de asinar unha permanencia de 18 meses na tarifa Internet para Lleva 8.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















