Os usuarios de PS3 poderán probar en primicia o xogo Dragon Ball Xenoverse

mércores, 17 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Bandai Namco está a preparar o xogo Dragon Ball Xenoverse para Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4, que supón o salto das aventuras de Son Goku á nova xeración de consolas de videoxogos, pero os que conten cunha consola PlayStation 3 conectada á Rede non terán que agardar moito para poder experimentar o que achegará este título, xa que poden inscribirse na proba de rede do xogo prevista para o 4 de outubro.
A proba de rede de Dragon Ball Xenoverse permitirá que os seareiros dos xogos de loita da franquía de Akira Toriyama poidan axudar a desenvolver o xogo a través dun proceso no que se comprobará a carga dos servidores e poderá gozarse dunha versión previa da que queren deixar claro que non se trata dunha versión beta, senón dun xeito de proba das infraestruturas técnicas para que cando o xogo estea dispoñible o seu funcionamento en rede sexa óptimo.
Esta proba permitirá ver por primeira vez Toki Toki City, o núcleo onde se atoparán xogadores de todo o mundo para loitar, podendo elixir diferentes razas como superguerreiros e namekianos. Mentres ese momento non chega, podemos confirmarnos cun dos trailers do xogo:

PUBLICIDADE