Os teléfonos de información sobre a TDT recibiron máis de 7000 chamadas dende a súa posta en marcha
luns 8 de febreiro do 2010, por |
Dende que se iniciaron os apagados dixitais no noso paÃs (co consecuente
acendido dixital nos diferentes núcleos) alá polo pasado 18 de xaneiro ata o dÃa
4 deste mes, os teléfonos de información sobre a TDT postos a disposición da
cidadanÃa pola Xunta de Galicia recibiron máis de 7000 consultas, unha cifra
que rondou unha media de entre 250 e 300 chamadas diarias, superando nalgunhas
xornadas as 500 consultas.
O teléfono da Oficina Técnica da TDT (981 57 21 54) presta atención aos
cidadáns, instaladores e concellos sobre todos os aspectos relacionados co
proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre, igual que o 012, un
servizo de atención da Xunta reforzado para servir como punto de información
centralizado sobre a TDT, que atende as dúbidas dos usuarios sobre a cobertura
da TDT e o satélite en caso de que o precisen. Este teléfono está dispoñible
todos os dÃas da semana, incluidos os sábados e os domingos.
O 012 recibiu nas primeiras xornadas de apagado das fases I e II arredor de
1000 chamadas diarias que se foron reducindo de xeito paulatino ata as 150/200
dos últimos de xaneiro, producÃndose un repunte o 1 e o 2 de febreiro, dÃas nos
que se atenderon 625 e 384 chamadas, respectivamente. Un incremento previsto xa
que o primeiro de febreiro o apagado analóxico chegou a preto dun millón de
persoas.
Os temas fundamentais das consultas dos cidadáns ao servizo 012 durante o
mes de xaneiro centráronse en incidencias de sintonización (no 23 por cento dos
casos), normalmente asociadas a non ter adaptada a instalación das antenas
colectivas, fallos na orientación cara o mellor centro de difusión ou a
necesidade de resintonizar o receptor para recibir todas as canles. Outro 21
por cento das chamadas foron para solicitar información sobre a cobertura da
TDT e cal era a orientación cara o centro emisor correcto. Un 18 por cento das
cuestións solicitadas referiuse á información sobre as datas de apagado e un 11
por cento a incidencias de cobertura debido a problemas de coberturas parciais
(ven unhas cadeas e outras non), avarÃas nos centros reemisores e dúbidas sobre
o satélite. Por último, un 6 por cento das chamadas realizaron consultas sobre
as axudas para a dixitalización.
Na Oficina da TDT resolvéronse neste tempo dúbidas semellantes e porcentaxes
parecidas. Asà un 27 por cento dos cidadáns que chamaron a 981 57 21 54
plantexaron incidencias de cobertura e sintonización, un 15 por cento
solicitaron información sobre as zonas de cobertura, un 14 por cento polas
zonas de satélite, un 12 por cento tiñan problemas coa instalación de antena,
un 7 por cento preguntaron polos trámites para recorrer á instalación do
satélite, un 4 por cento pediu información sobre as datas de apagado, a mesma porcentaxe
preguntou sobre axudas e un 2 por cento sobre cuestións relacionadas coa
instalación.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















