Os tablets con Android inchan peito no CES de Las Vegas
luns 9 de xaneiro do 2012, por |

- O Acer Iconia Tab A700 presentouse en Las Vegas, aÃnda que haberá que agardar ao MWC de Barcelona para saber máis do dispositivo
Este ano no Consumer Electronics Expo (CES) de Las Vegas
están a destacar especialmente os tablets co sistema operativo Android 4.0, que
parecen quere pórlle as cousas difÃciles ao iPad, e que entre outras cousas
parecen querer estandarizar os potentes procesadores de 4 núcleos con
tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 3 e pantallas de alta resolución como a de 10 polgadas
e 1.920 x 1.200 pÃxeles que presenta o Acer
Iconia Tab A700, o que permite a reprodución nativa de contidos de alta
definición, colocando nunha pequena pantallas e sen perda de calidade os vÃdeos
que normalmente veriamos nun televisor de salón. No caso do tablet indicado
tamén teriamos cámara de 5 MpÃxeles con flash, son Dolby Digital, porto
micro-HDMI, lector de tarxetas microSD e baterÃa de 9.800 mAh, aÃnda que
deberemos agardar ao Mobile World Congress de Barcelona para coñecer máis
detalles deste impresionante dispositivo que este mesmo mes vai ter un irmán que
tamén dará moito que falar, xa que o Acer Iconia Tab A200, armado cun
procesador nVIDIA Tegra 2, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.280
x 800 pÃxeles e sistema operativo Android 3.2 (actualizable de balde a Android
4.0 a mediados de febreiro), pese a non ser tan potente como o Iconia Tab A700,
destacará polo seu prezo
axustado de 329,99 dólares (258,05 euros) no seu modelo de 8 Gb e de 349,99
dólares (273,69 euros) para o modelo con 16 Gb de almacenamento interno.

- O Lenovo IdeaTab S2 contará cunha base que fai de teclado externo do tablet
Lenovo tamén quixo amosar un interesante tablet con Android 4.0, o Lenovo
IdeaTab S2, aÃnda que conformándose con funcionar cun procesador de dobre
núcleo Snapdragon S4 MSM8960, que seguindo a liña do Asus Transformer Prime,
contará cunha base con teclado que converterá o dispositivo nunha especie de
ordenador portátil, o que mellorará a súa autonomÃa para achegarse ás 20 horas.
Toshiba, pola súa banda, decidiu presentar o tablet
Excite X10, que presume de ser o dispositivo deste tipo máis delgado do
mundo (con 7 milÃmetros de grosor) e con só uns 544 gramos de peso. Ten unha
pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, procesador TI
OMAP 4420 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, cámaras de 5 e 2 MpÃxeles,
micro USB, mini HDMI, lector de microSD e Android 3.2 (actualizable a Android
4.0), aÃnda que ao chegar ás tendas no primeiro trimestre do ano correo o
perigo de quedar curto á hora de ter que baterse cun hipotético iPad 3 (algo
que terán máis doado os tablets antes destacados pola súa grande potencia ou por
caracterÃsticas que van máis aló do seu grosor).

- O Toshiba Excite X10 presume de ser o tablet máis delgado do mercado
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















