Os responsábeis de Blabacar e Filmin amosarán a súa experiencia no sétimo Congreso de AJE en Vigo

venres, 19 de setembro do 2014 Redacción

O sétimo Congreso da Asociación de Novos Empresarios (AJE) vaise desenvolver baixo un epígrafe que indica claramente onde e como se expresan na actualidade boa parte das ideas e propostas máis innovadoras: na Internet e abeirándose á cooperación e ao intercambio de coñecemento. O evento, cuxo lema á Talento en rede, desenvolverase en Vigo o 25 e o 26 de setembro, traendo a Galicia a relatores da importancia de Josef Ajram, José María Gai de Liébana, Andy Stalman, Catalina Hoffman e Elena Alfaro, unha das meirandes especialistas da actualidade en materia de mercadotecnia en liña e experiencia de usuario.
Haberá, amais de relatorios, mesas redondas que reunirán aos profesionais de iniciativas tan ligadas a Internet como Blabacar (innovador servizo para compartir gastos en transporte urbano) ou Filmin (videoclub en liña referente a nivel estatal no ámbito de achegar novos xeitos de consumirmos audiovisual) e unha sesión colectiva, chamada Made in Galicia, na que se amosará a experiencia de firmas como Altia. Ademais, o congreso dará acubillo o xoves 25 a un xantar de negocios na terra do Centro Social AFundación, arredor das 14.15 horas.

PUBLICIDADE