Os personaxes da Marvel estréanse en Disney Infinity

venres, 19 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O xogo Disney Infinity, que pretendía tirar proveito do fenómeno desencadeado por Skylanders, levando a súa fórmula a personaxes de Pixar, estrea finalmente a súa versión 2.0, que como grande novidade ten a incorporación de personaxes da Marvel, que tan de moda están grazas ás súas adaptacións cinematográficas, polo que é de agardar que se convertan nun dos super-vendas da campaña de Nadal.
Hoxe chega ás tendas Disney Infinity 2.0, nun Starter Pack centrado en Los Vengadores, contando unha historia na que Modok e Loki unen forzas, polo que Iron Man, Thor, o Capitán América, a Viúva Negra, Ollo de Falcón e o incrible Hulk teñen que esforzarse para salvar á cidade de New York da conxelación.
O lote de iniciación inclúe, aparte do xogo, unha peza do play set de Los Vengadores, 3 figuras interactivas (Iron Man, a Viúva Negra e Thor), 2 discos de xogo, unha base e 1 tarxeta cun código web; mentres que nas tendas GAME poderemos atopar unha edición de coleccionista que incluirá tamén as figuras de Capitán América, Hulk e Ollo de Falcón. Tamén estarán dispoñibles algúns lotes de figuras como o de Spider-Man (coas figuras de Nova e Spider-Man) e os Guardianes de la Galaxia (con Star-Lord e Gamora) que permite gozar das súas respectivas historias, á vez que tamén será posible completar esas coleccións de personaxes con outras figuras como Venom, Hulk, Drax, Groot e Rocket, entre outros.
Polo momento o xogo está dispoñible para Xbox 360, Xbox One, PS3, PS4 e Wii U.

Disney Infinity 2.0 non esquece aos personaxes de moda da Marvel, os Guardianes de la Galaxia

PUBLICIDADE