Os novos números de móbil comezarán por sete en lugar de seis
luns 12 de abril do 2010, por |
A partir de
agora, os usuarios de telefonÃa que decidan cambiar de número de móbil ou
contratar unha nova liña sen conservar o número actual, van notar unha leve
diferencia na numeración das súas liñas, xa que comezarán por sete en lugar do
tradicional seis.
O Ministerio de
Industria, Turismo e Comercio vén de aprobar unha resolución pola cal os novos
números de teléfonÃa móbil que se adquiran no noso paÃs comezarán por sete en
lugar de seis, unha medida que lle afectará inicialmente a cuarenta millóns de
números, os cales estarán dispoñibles nun prazo de 18 meses contados dende a
data de entrada en vigor da resolución, é dicir, o pasado dÃa 1 de abril.
Tanto os
operadores fixos como os de telefonÃa móbil deberán informar da apertura deste
novo rango en tódalas facturas emitidas aos seus clientes durante a lo menos un
ano porén a medida non lle afectará aos antigos usuarios, que conservarán os números
de teléfono que xa tiñan asignados.
A entidade pública,
que tamén estableceu o rango 590 aos servizos de comunicacións máquina a máquina
de trece dixitos, anunciou que esta medida é consecuencia da consulta pública
sobre a ampliación da numeración dos servizos móbiles que levou o pasado ano
para dar conta da crecente demanda da numeración de rango seis.
Da análise das respostas
recibidas na consulta despréndese a necesidade de atribuir o rango sete aos
servizos de comunicacións móbiles asà como a conveniencia de empregar números
do Plan nacional de numeración telefónica para poder satisfacer a demanda
procedente das comunicacións máquina-máquina.
Para este
último servizo, a entidade pública escolleu o código 590 con números de trece dÃxitos,
que se poderán empregar para a identificación de dispositivos distintos dos teléfonos
móbiles vinculados a servizos de telemando, telemedida, alarmas e outros de
natureza similar, incluÃndo os aparellos de telemedicina e os medidores de
consumos domésticos de auga, luz ou electricidade.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















