Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Os grupos de novas (newsgroups) avanzan cara a súa desaparición

xoves 2 de xullo do 2009, por Marcus Fernández | Enviar por e-mail | Chuza! | Compartir

Nos comezos da Internet comercial, cando aínda non había nin Facebook nin foros vía web, tiñan moita importancia os newsgroups ou grupos de novas, que funcionan cunha tecnoloxía semellante á do correo electrónico, pero empregando coma destinatarios temáticas de interese en vez de persoas, e que incluso consultábanse dende as mesmas aplicacións informáticas utilizadas para ler o e-mail, pero a aparición de alternativas e a praga do spam provocou un éxodo de usuarios, de aí que hoxe Mercè Molist dedicase un artigo a xeito de obituario anticipado, pos asegura que dos 200 grupos de novas españois que chegaron a existir, só permanecen activos uns 20, e a propia RedIRIS anunciou que en abril de 2010 deixará de ofrecer este servizo «decadente e minoritario» ao que xa deron as costas a meirande parte de provedores de acceso á Internet e que para moitos é só unha canle máis para o intercambio de ficheiros.
Os newsgroups son agora un descoñecido para a meirande parte dos usuarios, e unha tecnoloxía que pese a non quedar obsoleta, non foi capaz de adaptarse ao seu público, que perdeu o interese en consultar uns medios inundados polo lixo. Todo apunta a que a medio prazo o servizo desaparecerá, e ninguén o botará en falta, posto que os foros, os blogs e as redes sociais atenden moito mellor as necesidades dos usuarios que os grupos de novas.

Publicidade:





Caixa Galicia













Revista en PDF:
Descárgaa xa