Os contidos dixitais centran unha xornada da campaña 1 mes 1 profesión dixital
mércores, 20 de maio do 2015
A AMTEGA, en colaboración co CPEIG, organizan
para o vindeiro luns 25 a xornada Faite
profesional dixital dos contidos dixitais, encontro enmarcado na
campaña de divulgación e difusión de novos perfÃs profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, que desenvolverase
na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados
expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están
a demandar no mercado laboral actual. Os relatores exporán as caracterÃsticas e
requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como
nun debate conxunto e aberto ao público, que porá o peche a esta segunda
xornada de 1 mes, 1 profesión dixital.
O Salón 2 do Edificio CINC acollerá de 17:00 a 20:00 horas o encontro, de
inscrición libre e gratuÃta, estando xa aberta a súa inscrición vÃa web, aÃnda
que tamén poderá seguirse a través de streaming dende a súa páxina web.
Programa e os relatores
- Miguel Varela (Teimas) e Luz Castro (Imaxin) participarán como relatores nesta xornada organizada polo CPEIG e AMTEGA
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez,
o co fundador e director xeral de Teimas Desenvolvemento, Miguel Varela, abrirá
as intervencións co relatorio Faite
experto en xestión de residuos e gamificación. Teimas é unha empresa de
desenvolvemento software orientada a produto, que centra a súa actividade no
sector ambiental. Entre os seus traballos destaca o software para a xestión de
residuos Teixo.
A continuación, Francisco Alfonso DomÃnguez falará das
claves para ser experto en xeración de contidos dixitais a través da súa
experiencia como Project Management en Imaxina. Esta firma pioneira na creación
de libros de texto dixitais desenvolveu traballos que foron postos como exemplo
a nivel mundial por Apple.
Pola súa banda, o xefe de Escola HT A.T0.049 do Real
Aeroclube de Santiago, Claudio Guridi, compartirá a súa experiencia na xeración
de contidos a través de avións non tripulados ou drons. Guridi é piloto
comercial e instrutor con preto de 1.500 horas de voo, das que 800 son como
instrutor. Posúe a Habilitación de Tipo como piloto de Boeing-737.
Luz Castro, directora da área In Gaming da empresa Imaxin Software, será a encargada de afondar
na adaptación de contidos. O seu labor céntrase no desenvolvemento de xogos
interactivos e produtos multimedia.
Finalmente, Esteban Vázquez, socio de Tesla Technologies
abordará o perfil profesional dun experto na elaboración de xogos interactivos.
Testa é unha empresa especializada en videoxogos e interactivos. Deseña e
programa interactivos multiplataforma e acumula unha ampla experiencia en
interactivos HTML5-CSS3_Canvas.