Os contidos de Popcorn Time poderán verse a través de Apple TV

martes, 29 de xullo do 2014 Marcus Fernández

As versións móbiles de Popcorn Time integrarán en breve as novidades da versión para WindowsA aplicación Popcorn Time non deixa de evolucionar incorporando funcionalidades demandadas polos seus usuarios, e tras estrear soporte para poder ver os contidos audiovisuais achegados a través de BitTorrent co Chromecast de Google, anuncian que mañá mesmo vai ampliar este tipo de prestacións engadindo soporte de AirPlay, de xeito que os contidos de Popcorn Time tamén poderán verse comodamente no televisor empregando un Apple TV.
O soporte de AirPlay estrearase mañá na versión para Windows da aplicación, e a primeiras da semana que vén pasará o mesmo coa aplicación para OS X, non quedando aí as novidades, xa que, esta ferramenta que tamén está presente para dispositivos con Android vai estrear versión para iOS o mes que vén.

PUBLICIDADE