Os clientes de Abanca xa poden utilizar Samsung Pay
mércores, 29 de xuño do 2016
Hai uns meses anunciamos que Abanca
sería unha das primeiras entidades bancarias en empregar a solución de
pagamentos dende o móbil de Samsung, e agora o banco galego dá conta de que
xa é a segunda entidade financeira europea en ofrecer aos seus clientes a
tecnoloxía financeira máis innovadora para realizar compras desde un smartphone
en calquera establecemento que acepte o pagamento contactless. Os clientes só terán que dar de alta as súas tarxetas
bancarias VISA de Abaca, sexan de débito ou de crédito, nos dispositivos
Samsung compatibles para realizar os seus pagamentos de xeito rápido e sinxelo.
O director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao, asegura
que coa activación deste servizo de pago “Abanca continua desenvolvendo o seu
modelo de banca máis dixital e multicanle co obxectivo de mellorar o servizo
aos nosos clientes e de poñer á súa disposición os produtos e servizos máis
avanzados do mercado”, como xa demostraron hai pouco coa posta
en marcha de ABANCA Pay.
Samsung Pay ofrece unha gran sinxeleza de uso e seguridade
nos pagos móbiles. Unha vez o cliente engada a súa tarxeta de Abanca na
aplicación, desprégase simplemente Samsung Pay, elíxese a tarxeta de pagamento
desexada e identifícase co sensor de pegada dactilar para autorizar o pagamento.
O dispositivo móbil conéctase cos terminais do punto de venda (TPV), o que
permite realizar unha compra rápida, segura e sinxela.
Os usuarios de Samsung Pay contarán tamén con todas as
garantías de seguridade dos cartóns da entidade financeira. Grazas aos tres
niveles de seguridade: tokenización
dixital, lector de impresións dixitais e Samsung KNOX, os datos transmítense
sempre de forma segura. Así mesmo, cando se realice un pago polo móbil, sexa
cal for o importe, o cliente recibe unha notificación avisándolle de que se
efectuou a operación. Samsung Pay funciona en máis do 70% dos comercios en
España que xa operan con tecnoloxía contactless.
En España, Samsung Pay é compatible cos smartphones Samsung Galaxy S7, Samsung
Galaxy S7 edge, Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6
edge+.