Os Guardianes de la Galaxia terán videoxogo en 2017

venres, 2 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Dende Telltale Games levan uns anos trunfando adaptando franquías televisivas e de banda deseñada, e tras atreverse cos viñetas de Los Muertos Vivientes e Batman, entran por fin no terreo da Marvel e anuncian que para o ano que vén van lanzar para PC, consolas e dispositivos móbiles un xogo episódico titulado Marvel’s Guardians of the Galaxy: The Telltale Series, ou sexa unha aventura baseada en Guardianes de la Galaxia (entendéndose que, aínda que adoptarán unha estética moi próxima á dos filmes de acción real, estará máis próxima aos personaxes das viñetas).
O novo xogo estaría repartido en 5 capítulos, e permitiría que os xogadores encarnasen múltiples roles dentro dunha aventura espacial deste grupo de heroes que someteranse á habitual mecánica narrativa de Telltale, que previsiblemente aplicarase no futuro a máis franquías da Marvel, tal e como suxiren dende o célebre estudio de videoxogos.

Vídeo no que anuncian o xogo de Telltale de Guardians of the Galaxy

PUBLICIDADE