AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Orange presentará en Barcelona o primeiro servizo de voz móbil en alta definiicón de España

venres 12 de febreiro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O Mobile World Congress de Barcelona será o marco elixido por Orange por presentar o primeiro servizo de voz móbil en alta definición (Voz HD) en España, produto que lanzarase comercialmente durante o primeiro semestre do ano, e que inicialmente probarase na zona metropolitana de Barcelona, converténdose na primeira cidade do Estado na que poder experimentar con esta tecnoloxía que permite unha maior calidade en cada chamada telefónica.
Para esta mellora técnica Orange fará uso de tecnoloxía de Ericsson, tanto no equipamento de acceso coma no núcleo de rede, para a activación do novo codec de audio (baseado en Wideband AMR) que suporá un beneficio real para os consumidores sen custo adicional, aínda que os interlocutores deberán contar con terminais 3G compatibles con Voz HD para poder tirar proveito desta prestación.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS