Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Orange permitirá consultar a Wikipedia de balde dende África e Oriente Próximo

mércores 25 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O operador móbil Orange e a Wikimedia Foundation veñen de pechar un acordo de colaboración a través do cal os clientes da compañía de telecomunicacións poderán acceder de balde dende o seu móbil á Wikipedia dende África e Oriente Próximo, facilitando así o acceso ao coñecemento a uns 70 millóns de usuarios de Orange nas rexións cubertas por esta iniciativa.
Dende 2009 Orange e a Wikimedia Foundation xa colaboraban para levar os proxectos de Wikimedia a plataformas móbiles e web de Orange en Europa, pero agora levarán esta colaboración máis aló, espallándoa gradualmente por países asiáticos e de Oriente Próximo, de xeito que os habitantes das rexións en cuestión que teñan unha SIM de Orange e un teléfono con acceso á Rede poderán consultar a Wikipedia no seu navegador web (ou a través dun widget de Orange) sen custo para eles, de xeito que mellora o acceso dende países en vías de desenvolvemento ao servizo público que supón a Wikipedia.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS