Factura electrnica

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Oito novos concellos de Pontevedra incorpóranse hoxe á TDT

mércores 24 de marzo do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

Un total de 45.000 persoas, veciños e veciñas dos concellos pontevedreses de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e Moaña, xa poden disfrutar desde hoxe das vantaxes da sinal dixital nos seus fogares, ao incorporarse esta mesma mañá á Televisión Dixital Terrestre.
Estes concellos, que hoxe rexistraron o apagamento analóxico definitivo, pertencen á área técnica de Domaio, que xunto á de Páramo constitúen as áreas nas que se está a levar a cabo o acendido dixital nesta terceira e última fase do proceso de transición á TDT, que finaliza o vindeiro venres, 2 de abril.
Estes son os concellos que contan cun maior índice de poboación do conxunto da comunidade e aos 45.000 veciños que xa disfrutan da TDT, haberá que sumarlle outros 273.992 habitantes dos 45 concellos da área técnica do Páramo, que o vindeiro 2 de abril verán a televisión con mellor calidade de imaxe grazas á TDT.
En total, ao finalizar o proceso, serán 694.000 os veciños e veciñas da área técnica de Domaio que reciban o sinal de TDT nos seus fogares, que xunto aos do Páramo suman preto dun millón de galegos e galegas con mellor sinal de televisión nas súas casas.
Segundo veñen de informar dende a Secretaría Xeral de Medios, a encargada deste proceso na nosa Comunidade, “en ambas as dúas provincias a xornada está a transcorrer sen incidentes salientables e descenderon considerablemente o número de chamadas de notificación de incidencias por parte dos usuarios”.
Nembargantes, a Secretaría Xeral de Medios segue a recomendarlle aos cidadáns que, logo da instalación dos adaptadores da TDT, comproben a correcta orientación da antena, sen agardar ás datas fixadas para o apagamento analóxico, dado que, segundo informan, “no 98 por cento dos casos, xa se pode recibir o sinal da televisión dixital”. “É importante, polo tanto”, engaden, “que se verifique a correcta recepción da TDT nestes días, dada a proximidade de datas festivas nas que non poderán recibir a atención dos técnicos instaladores.”
Asemade, o servizo de atención telefónica ao cidadán sobre a TDT segue activo para darlle unha resposta máis áxil ás dúbidas dos usuarios. Como xa sucedeu durante a primeira fase de implantación da TDT, os teléfonos dispoñibles para atender as consultas son o 012 e o 981572154.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS