Ocean’s comercializará en Galicia as súas ofertas converxentes con fibra óptica

martes, 21 de outubro do 2014 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións coruñés Ocean’s está a preparar o lanzamento da súa oferta de conexións de fibra óptica en 11 provincias españolas entre as que están as 4 provincias galegas, nas que comezará a espallar a cobertura dos seus paquetes Ocean’s Más, que actualmente inclúen conexións de ADSL de até 10 Mbps/800 Kbps e que converteranse sen custo adicional en conexións de fibra óptica a 30 Mbps/5 Mbps.
Con Ocean’s Más Básico Fibra os particulares poderán acceder a unha conexión FTTH de 30/5 Mbps, tarifa plana de chamadas a fixos nacionais ou 1.000 minutos en chamadas internacionais a fixos de 12 países, chamadas a móbiles estatais a 0 céntimos/minuto dende o fixo e unha liña móbil con 100 minutos en chamadas e 1 Gb de datos por só 41,14 euros/mes; mentres que os usuarios máis esixentes poderán optar pola paquete Ocean’s Más Completo Fibra, que incrementa os datos dende o móbil a 2 Gb e inclúe chamadas ilimitadas a fixos e móbil (incluíndo chamadas a fixos de 12 países) por só 53,24 euros/mes.
No caso da empresa os produtos dispoñibles parten do Engloba Básico Fibra, con FTTH de 30/5 Mbps, tarifa plana de voz a fixos estatais ou 1.000 minutos en chamada internacionais a fixos de 12 países e chamadas a móbiles estatais por 0 céntimos minutos, e unha liña móbil con 100 minutos en chamadas estatais e a fixos de 12 países, 1.000 minutos ou 500 chamadas entre móbiles de empresa e 500 Mb de datos, por 42,35 euros/mes. Por 60,50 euros/mes pode optarse por Engloba Completo Fibra, que engade 1 Gb de datos no móbil, chamada ilimitadas a teléfonos estatais (incluíndo chamadas a 12 países).
Cómpre detallar que os países aos que inclúen chamadas os distintos produtos de Ocean’s son Alemaña, Canadá, Chipre, Francia, EE.UU., Hungría, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suíza; mentres que as conexións de datos dende o móbil, superado o volume de datos, non incrementan o seu custo, senón que reducen a súa velocidade a 64 Kbps. No caso de incluírse a financiación dun terminal móbil o compromiso de permanencia sería de 24/18 meses en función do terminal elixido (entre os que non faltan o iPhone 6 e o iPhone 6 Plus).

PUBLICIDADE